Descripción
Madeira: Buxo de Galicia.
Funda: Bocado negro e verde Cambre, de alta calidade.
Soprete: Leva unha boquilla intercambiable, de tamaño adaptable á estatura de cada persoa.
Elementos sonoros: Esta gaita ten seis elementos sonoros: punteiro con Seitor, sensible + subtónica e tónica regulable; e cinco bordóns transpositores.
Fleques e pompóns: Negros, de calidade superior, en algodón 100%
Anelados: Metacrilato negro.
Fol: Gore-Tex®, moi ergonómico, de tamaño adaptable á estatura de cada persoa.
Observación: A Gaita Multibordón naceu coa finalidade de acomodar a gaita á tonalidade da peza, sexa tradicional ou de nova composición. Leva cinco bordóns máis os transpositores, co que poden convertirse en oito, de aí o nome. Pode ser tocada en distintas tonalidades (Dó, Re, Fa, Sol, La) xogando coa apertura ou peche dos bordóns, nunca tocan todos á vez. É personalizable tamén para outras tonalidades. Esta é unha gaita moi especial pola súa organoloxía e finalidade. Conmemora o 80 aniversario de Seivane na construción de gaitas.
Configure a súa gaita
Na nosa tenda en liña dispón dun configurador para construír a súa propia gaita seleccionando entre as opcións que ofrecemos
Configurador