XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA
Este libro do autor Xosé Manuel Sánchez Rei, da Editorial Canela, dá conta dos aspectos máis importantes da vida de Seivane, como artesán e tendo en conta tamén o seu contexto familiar, vital e cultural.
Organízase en catro partes ou capítulos.A primeira fai referencia as súas orixes e comezos. A segunda céntrase no desenvolvemento do Obradoiro desde 1939 que constrúe a súa primeira gaita. O terceiro capítulo é unha aproximación ao artesán dende as impresións de diferentes persoas vinculadas ao mundo da gaita e cultura galega. E o último é unha compilación de melodías que o acompañaron ao longo da súa vida, unhas transmitidas e outras compostas por el ou adicadas a el. Son máis de corenta pezas transcritas por Daniel Bellón e Pedro Lamas.
O libro ademáis do álbum fotográfico familiar e profesional, conta con imaxes en exclusiva para esta publicación do fotógrafo Vicente Ansola. Prólogo de Xosé V. Ferreirós.
27 abril 2020