Premio Opinión Andaina Senlleira ao Obradoiro Seivane pola súa traxectoria
É unha honra recibir este premio que recoñece o noso longo camiño despois de 80 anos dedicados a un oficio, tres xeracións construindo gaitas e catro xeracións de músicos. Brais e Fiz Seivane, membros da cuarta xeración, quixeron acompañar a Álvaro e Xosé Manuel Seivane, no escenario, para recoller o galardón.
Este novo premio anímanos a seguir traballando pola gaita, polos nosos gaiteiros e pola nosa música tradicional, coas mesmas gañas e ilusión coas que empezamos.
Moitas grazas ao periódico La Opinión e a todos os que o fixestes posible!
09 maio 2019