Homenaxe á familia Seivane no IV Encontro de Música Tradicional de Forcarei
O sábado 22 de abril no auditorio de Soutelo de Montes, a Banda de Gaitas do Concello de Forcarei celebrou o festival de música tradicional galega nun acto presentado por Aurora Cañizares.
Ademáis da propia banda, participaron o Grupo Etnográfico da Areosa de Portugal, A Banda da Loba de Santiago e o grupo de pandereteiras Lus de Keikoa de Forcarei. A agrupación adica esta edición á familia Seivane polo noso compromiso con Galicia. Foi unha homenaxe moi emotiva, que dende aquí agradecemos unha vez máis profundamente.
O encontro contou coa colaboración do Concello de Forcarei e a Deputación de Pontevedra. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, recoñeceu a contribución de Seivane á música popular galega.
23 abril 2017