Festival Interceltique de Lorient (Bretaña–Francia)
Por primeira vez, este verán 2005, o Obradoiro de Gaitas Seivane acudirá como expositor á feira do Festival Intercéltico de Lorient, nun posto compartido con José Presedo–Master Gaita (Controlador Midi), do 7 ao 14 de agosto.
Haberá gaitas Seivane expostas e posibilidade de encargalas persoalmente; tocar e probar os instrumentos en directo. Tamén se poderá ver un DVD feito recentemente sobre o traballo de elaboración das gaitas no Obradoiro de Gaitas Seivane, en Cambre (A Coruña).
A presenza da familia Seivane será bastante completa este ano en Lorient, xa que a gaiteira Susana Seivane, filla de Álvaro Seivane, estará tamén presente, e actuará en dous eventos deste festival: o 8 de agosto coa banda Bagad Kemper (espectáculo Sud ar Su) e o 14 de agosto con todos os seus músicos, para pechar o festival.
14 xuño 2005