O Obradoiro de Gaitas Seivane está situado preto da Coruña, no municipio de Cambre. Este lugar non foi escollido ao azar senón polas súas condicións climáticas e a súa situación estratéxica con rápidas comunicacións co resto da comunidade. Tradicionalmente, A Coruña foi e é comarca de gaitas. Nesta terra naceron grandes gaiteiros, e gozou dunha intensa actividade musical acrecentada dende a aparición do taller.
É un local aclimatado para que a madeira seque de forma natural. Aproveitando as condicións favorables do clima, toma automaticamente aire do exterior e expulsa o do interior. En condicións meteorolóxicas non favorables, move o mesmo aire do interior.
Desta forma, obtense unha corrente que circula entre os madeiros adecuadamente amoreados, pero coa humidade e temperatura controladas e idóneas para un secado natural a longo prazo que desembocará na contracción lenta da madeira, evitando danos nas súas fibras moleculares e a perda das propiedades físicas e mecánicas.
Este proceso é completamente diferente ao industrial, co que se forza o secado da madeira nun prazo de poucos meses á conta da súa calidade.
A madeira permanecerá aquí un mínimo de dez anos secando. Dadas as existencias acumuladas ao longo do tempo, na práctica pode alcanzar neste local os quince, vinte ou máis anos, esperando ser utilizada, o que vai favorecéndoa, collendo pouso e convertíndose en “madeira vella”, como dicían os carpinteiros de antes, para enxalzar as virtudes dunha madeira que co paso do tempo gaña en resistencia, estabilidade, curtido e templanza.
Nel sitúanse as pezas previamente cilindradas e tradeadas, que se colocan de forma que o aire circule entre elas e polo seu interior para obter así un osixenado e secado perfectos. A madeira sairá varias veces ao taller e volverá para seguir repousando, asentando e adaptándose as modificacións que se lle van practicando.
Debido á ausencia de po, gárdanse tamén aquí as pezas xa vernizadas para o endurecemento das lacas.
A madeira estará neste almacén ao redor de cinco anos nunha atmosfera de temperatura e humidade controladas.
É a parte máis visible do obradoiro na que se levan a cabo todas as operacións dende que a madeira entra no almacén de repouso, ao que está directamente ligado. É como a cociña dunha casa tradicional: todo xira ao seu redor.
No taller fanse os cilindrados, tradeados, desbastados, escareados, anelados, pulidos e vernizados. Así mesmo, nel elabóranse, modifícanse e mantéñense as ferramentas propias da construción de gaitas. Os escareadores son, entre elas, as máis delicadas e específicas. O seu mantemento é custoso e continuo e pódese dicir que son as que lles dan a alma aos punteiros, pois utilízanse para realizar os calibres e acabados internos.
Na sección de anelas metálicas, inclúese o corte das pranchas de alpaca, prata ou latón, a súa soldadura e o seu axuste sobre as distintas pezas da gaita. A talla sobre madeira, o atado de buxas ao fol e a colocación de cortizas son tamén tarefas que se levan a cabo no taller, así como as probas sobre todo tipo de materiais e prototipos na busca constante da mellora dos nosos instrumentos.
Está insonorizada e instalada dentro do taller co que está directamente relacionada. Nela ultímase a ensamblaxe e procédese a darlles os retoques axeitados a todos os elementos que compoñen as gaitas. Estas, unha vez montadas, permanecen aquí varios días para realizar varias comprobacións de afinación e estabilidade antes de ser entregadas.
Todos os elementos sonoros da gaita, e as súas fontes sonoras como as palletas e os pallóns, pasan por aquí ao finalizar a súa etapa construtiva, e lévase a cabo a súa posta a punto e afinación.
Os perfís sobrios e propios das nosas gaitas nacen en taboleiros de debuxo e son logo dixitalizados e tratados para conseguir a pureza de liñas e harmonía que os caracterizan. Aquí créanse os motivos das nosas tallas, os deseños dos vestidos e todo aquilo que ten que ver coa estética inconfundible dos nosos produtos.
Ademais destas funcións específicas de deseño, atópase tamén nesta oficina unha fresa–gravadora de control numérico con todos os seus accesorios que, á parte de realizar tallas artísticas, tanto en anelas metálicas coma en madeira, marca as pezas co logotipo Seivane. Con esta mesma ferramenta, sitúanse nos punteiros os puntos onde irán os trades das distintas notas e grávanse o ano de construción e a súa marca de tonalidade.
Sección destinada ao almacén xeral e á exposición dos distintos tipos de tecidos, carta de cores, forros, cordoería, botóns e fleques, co afán de poder satisfacer os gustos dos gaiteiros máis esixentes.
Acolle, igualmente, o espazo para patronaxe, corte e posterior elaboración das distintas combinacións das fundas en liño, veludo, brocado e dobres. Un equipo de modistas, especialmente preparadas no Obradoiro de Gaitas Seivane, ocúpase destas tarefas.
Garda unha colección de gaitas con diferentes características, tonalidades e combinacións de fundas e fleques, que foron construídas no obradoiro dende 1939 ata a actualidade. Entre elas, destaca a primeira gaita de Susana Seivane feita á súa medida no taller de Barcelona cando só contaba tres anos de idade, ou a última gaita tallada polo noso patriarca, Xosé Manuel Seivane, para o seu bisneto Brais, polo seu primeiro cumpreanos.
Expóñense tamén algúns dos diversos premios e distincións que lle foron outorgados ao obradoiro ou á familia Seivane ao longo da súa historia, entre eles o máximo galardón da artesanía española, o Premio Nacional de Artesanía, a toda a súa traxectoria, ou a Medalla Castelao da Xunta de Galicia pola súa valiosa obra.
Así como varias frautas, unha zanfona, un violín e outras curiosidades.
Hai que destacar o atractivo paisaxístico da zona. Poden visitarse interesantes vestixios celtas que se conservan no museo de Cambre e varias edificacións dos antigos poboadores desta terra.
A escasos metros do obradoiro atópase a fraga de Cecebre, lugar que elixiu Wenceslao Fernández Flórez para ambientar a novela, que despois se convertería en película, El bosque animado. Moi preto, pódese admirar o encoro de Cecebre e os ríos Mero e Barcés, dous ecosistemas únicos e de gran beleza.
Este sitio web utiliza cookies
Usamos cookies para personalizar o contido e os anuncios, proporcionar funcionalidades de redes sociais e analizar o noso tráfico. Tamén compartimos información sobre o teu uso do noso sitio cos nosos socios de medios sociais, publicidade e análise, que poden combinalo con outra información que lles proporcionaches ou que recolleron do teu uso dos seus servizos.
Necesarias
As cookies necesarias axudan a facer unha web utilizábel habilitando funcións básicas como a navegación na páxina e o acceso a áreas seguras da web. O sitio web non pode funcionar adecuadamente sen estas cookies.
Preferencias
As cookies de preferencias permiten que un sitio web lembre información que cambia a forma en que o sitio se comporta ou parece, como a túa lingua preferida ou a rexión na que estás.
Estatísticas
As cookies estatísticas axudan aos propietarios dos sitios web a comprender como os visitantes interactúan coas webs recollendo e informando información de forma anónima.
Marketing
As cookies de marketing úsanse para seguir aos visitantes nos sitios web. A intención é mostrar anuncios que sexan relevantes e atractivos para o usuario individual e, polo tanto, máis valiosos para os editores e anunciantes terceiros.
As cookies son pequenos arquivos de texto que os sitios web poden usar para facer a experiencia do usuario máis eficiente.
A lei di que podemos almacenar cookies no teu dispositivo se son estritamente necesarias para o funcionamento deste sitio. Para todos os outros tipos de cookies necesitamos o teu permiso.
Este sitio utiliza diferentes tipos de cookies. Algúns cookies son colocados por servizos de terceiros que aparecen nas nosas páxinas.
Podes cambiar ou retirar o teu consentimento da Declaración de Cookies no noso sitio web en calquera momento.
Aprende máis sobre quen somos, como podes contactarnos e como procesamos os datos persoais na nosa Política de Privacidade.