Seivane

Aviso Legal

1. Datos identificadores

Obradoiro de Gaitas Seivane S.L., (en adiante OBRADOIRO) con NIF B15457906, é unha sociedade con domicilio fiscal en Volteiro 1B, 15650 Cambre, A Coruña, España. Inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2012, Folio 154, folla nº C19548.

2. Obxecto do aviso legal e aceptación do usuario

Este aviso legal regula as condicións de acceso e utilización da páxina seivane.com.es, que O OBRADOIRO pon a disposición dos usuarios.

O acceso e a navegación por este sitio web atribúe a condición de usuario e implica a aceptación sen reservas de todas as disposicións deste aviso legal.

3. Termos de uso

O usuario comprométese e obriga a facer un uso adecuado dos contidos e servizos desta páxina web, atendendo a súa propia finalidade, de conformidade coa lei, o presente aviso legal, e as boas costumes, sen fins ou efectos lesivos de intereses ou dereitos de terceiros.

O usuario non poderá danar os servizos, a información ofrecida, ou impedir o normal uso do sitio web.

Está prohibido o envío de correo masivo ou de correo non solicitado (SPAM) ás contas de correo electrónico utilizadas nesta web.

4. Propiedade intelectual e industrial

Todos os dereitos de propiedade intelectual e industrial do sitio web e os seus contidos pertencen a Obradoiro de Gaitas Seivane, S.L.

O usuario comprométese a respectar os dereitos da propiedade intelectual e industrial do OBRADOIRO, e a usar exclusivamente esta web para uso persoal e privado.

Queda terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, e a reprodución, distribución e comunicación pública, sen a autorización expresa e por escrito do OBRADOIRO.

Calquera uso non autorizado poderá vulnerar as leis de copyright, de rexistro de marcas, de dereitos de propiedade intelectual, privacidade, publicidade e demáis lexislación vixente.

5. Enlaces de terceiros

No caso de que este sitio web dispuxera de enlaces a outros sitios web, realizaranse co consentimento dos seus propietarios. O OBRADOIRO non exercerá ningún tipo de control sobre ditos sitios, non facéndose responsable nin da súa dispoñibilidade nin do seu contido.

A inclusión do enlace non implica a aprobación da páxina enlazada polo OBRADOIRO.

O OBRADOIRO autoriza mencións aos seus contidos noutros sitios web, sempre que sexan respectuosos, citen a fonte da que proveñen, e cumpran coa lexislación vixente.

6. Cláusula de exención de responsabilidade

O contido desta web é informativo e non substitúe á publicidade legal das leis e disposicións.

Efectuaranse esforzos para que a información sexa exacta e actualizada pero O OBRADOIRO non garante a inexistencia de erros de contido.

O OBRADOIRO non se fai responsable dos danos e prexuízos que puidera ocasionar o uso inadecuado das ferramentas e informacións da web, con excepción das actuacións que resulten da aplicación das leis.

7. Modificacións do sitio web e das condicións do Aviso Legal

O OBRADOIRO resérvase o dereito de efectuar, sen previo aviso, e en calquera momento, as modificacións que considere oportunas neste sitio web.

A vixencia das citadas condicións de uso irá en función da súa exposición, estarán vixentes ata que sexan modificadas por outras debidamente publicadas.

É responsabilidade do usuario revisar o sitio web e o Aviso Legal para manterse actualizado do seu contido.

8. Protección de datos persoais

O tratamento de datos de carácter persoal estará suxeito ao establecido na Lei Orgánica 15/1999 e no resto da normativa de aplicación. Unicamente serán solicitados os datos estritamente imprescindibles para poder proporcionar os servizos da web. Estes datos serán incorporados a ficheiros de titularidade do OBRADOIRO co fin de facilitar a prestación dos seus servizos, facturación, e xestión administrativa e comercial. Todos os usuarios que acheguen datos persoais poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei en Volteiro 1B – Cecebre, 15650 Cambre, A Coruña, España ou obradoiro@seivane.com.es.

9. Utilización de cookies

O OBRADOIRO poderá utilizar cookies, arquivos que recollen automaticamente datos anónimos con fins estatísticos, imprescindibles para o correcto funcionamento e visualización do sitio.

Ao acceder ou navegar por esta web acéptase o seu uso.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para impedir a creación destes arquivos ou advertir que isto ocorre.

10. Lexislación aplicable e xurisdición

A relación entre O OBRADOIRO e os seus clientes e usuarios do sitio web, guiarase pola normativa española vixente e calquera controversia será sometida aos Xulgados e Tribunais da Coruña, España.