40ª Edicion do Festival Intercéltico de Lorient - 2010
Un ano máis o Obradoiro de Gaitas Seivane acudiu á 40ª Edición do Festival Intercéltico de Lorient.
Do 6 ó 15 de agosto celebrouse en Francia o Festival Intercéltico de Lorient, este ano adicado ó país anfitrión da Bretaña. Por 6º ano consecutivo o Obradoiro de Gaitas Seivane compartiu pavillón expositor con Tourgalicia para levar a cultura galega ós miles de visitantes do festival.
O éxito conxunto do pavillón de Galicia, fixo que a caseta do Obradoiro fora visitada por músicos da talla de Milladoiro, Fred Morrison, Rory Cambel, Pablo Dalama, Alberto Coya e Brais Paz e Raúl Lacilla. A amplia colección de gaitas Seivane levada á exposición fixo que moitos deles non puideran resistir a tentación de probalas, recibindo un ano máis o recoñecemento e admiración do público asistente.
20 agosto 2010