A gaita galega suma unha nova tonalidade
Presentación da nova gaita: Culturgal (Pontevedra), sábado, 3 decembro, 18:00h
Despois de moitos anos de esforzo traballando na ampliación de tonalidades da gaita, hoxe culminamos un longo camiño coa gaita máis grave e grande que nunca antes construíramos: tonalidade Dó4, que pese ao seu gran tamaño é ergonómica e suficientemente cómoda para o gaiteiro.
Esta gaita cerra a familia das gaitas tenores (Mi4, Re4 e Dó4) cunha das tonalidades máis importantes, pois ao estar en Dó4 pode tocar conxuntamente coas gaitas maioritarias en Dó5. Con ela completamos unha familia de gaitas de 18 tonalidades que van dende Dó4 ás sopranino (Fa5 e Sol5).
Amplíanse así as súas posibilidades harmónicas e ábrese un novo camiño para un instrumento que hoxe da un paso máis no seu crecemento.
2 decembro 2016