Seivane

A Pastoriza inaugura a casa da música adicada á Xosé Manuel Seivane

A XVII Edición dos “Encontros da Terra Chá” está organizada polo Concello da Pastoriza, a Asociación Cultural Xermolos e a Fundación Manuel María.

A corporación municipal aprobou por unanimidade adicarlle o edificio cultural a Xosé Manuel Seivane Rivas por ser un “personaxe senlleiro da cultura galega”. Ás 14:00 será o acto oficial de inauguración da casa da música, e a partir das 14:30 haberá un xantar no pavillón da escola da Pastoriza (prezo do xantar 18€).

Previamente, ás 12:00 está organizada unha táboa redonda sobre a figura do patriarca Seivane, na charla intervirán Santiago Caneiro presidente da Asociación de Gaiteiros, Manolo González presidente da Asociación Galega de Artesáns, Sito Carracedo gaiteiro e artesán, Raúl Galego gaiteiro, Xesús Torres historiador, e Xaneco Tubío artesán e secretario da Asociación de Gaiteiros.

A casa da música, segundo explicou Primitivo Iglesias, alcalde da Pastoriza, é unha rehabilitación da antiga cámara agraria a través do obradoiro de emprego, e consta de dous andares, o primeiro cunha sala de grandes dimensións, e o segundo con catro aulas insonorizadas.

O día rematará cunha festa de música tradicional, ¡esperamos vervos alí!

Máis información en: 646 41 38 90, xermolos@xermolos.org e Concello de Pastoriza.

17 novembro 2010