Seivane

Condicións de venta

Prazos e Envío

Prazos

A. Se o seu pedido contén unha ou máis gaitas ou un ou máis kits de tonalidade, o prazo de entrega é de aproximadamente 90 días a partir da data do pago a conta do 20% do importe total. Este prazo pode verse incrementado en momentos puntuais en función da carga de traballo do obradoiro.

B. Se o seu pedido non conten gaita ou kit de tonalidade, o prazo de envío é de 7 días.

Os prazos de entrega facilitados polas empresas de transporte son:

Correos:

  • De 3 a 7 días hábiles para Europa e variable para o resto de destinos.

Seur:

  • 24-48 horas na península e Canarias. Baleares, entre 2 e 3 días hábiles.
  • De 2 a 5 días hábiles para Europa.

FedEx:

  • Ao día seguinte laborable prácticamente en todas as áreas empresariais de UE.
  • Ao segundo día laborable en EE.UU. e nas principais áreas empresariais de Canadá.
  • Ao terceiro día laborable en toda Asia.

Envío

Todas as nosas gaitas son enviadas en embalaxe de cartón ríxido que asegura unha adecuada protección do instrumento durante o seu transporte.

Desde a nosa tenda on-line, poderá elixir 2 formas de envío: Correos e Seur/FedEx.

Aplicaránse as tarifas vixentes en cada momento.

1. Envíos Nacionais

Correos:

Expedición como «Paquete Azul».

Seur:

Envíos a España.

Se o seu pedido contén unha ou máis gaitas, o envío realizase por SEUR a portes pagados, é dicir, cun custe 0 para vostede.

2. Envíos Internacionais

Correos:

O seu pedido envíase como Paquete Internacional Prioritario que se entrega ó destinatario baixo firma.

Seur:

Envíos a Europa.

FedEx:

O seu pedido envíase a través do servicio FedEx International Priority (servizo urxente de mercadorías con cobertura mundial).

A nosa tenda en liña calcula automáticamente o peso total do seu pedido e aplica as tarifas vixentes en cada momento.

Formas de Pagamento

Para a súa comodidade, a tenda en liña do Obradoiro de Gaitas Seivane, S.L. ofrécelle dúas formas de pago: transferencia bancaria e tarxeta de crédito.

Transferencia bancaria

Se elixiu como forma de pago a transferencia bancaria, recibirá no mesmo día ou no próximo día hábil, un correo electrónico co detalle e importe total do pedido, así como o número da nosa conta bancaria á que debe transferilo.

Opción A

Se o seu pedido inclúe unha ou máis gaitas ou un ou máis kits de tonalidade, deberá transferir, a modo de pago a conta, un 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente aos 90 días, comunicarémoslle a finalización do proceso de elaboración para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación será enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido.

Se vostede o desexa, pode realizar unha soa transferencia previa polo total do importe.

Opción B

Se o seu pedido non inclúe nin gaitas nin kits de tonalidade, vostede deberá transferir o importe total.

Tarxeta de crédito

O pago mediante tarxeta de crédito realizase a través da Pasarela de Pago do BBVA que admite tarxetas Visa e MasterCard.

Remitirémoslle un correo electrónico coa confirmación e detalle do seu pedido.

Opción A

Se o seu pedido inclúe unha ou máis gaitas ou un ou más kits de tonalidade, cargaráselle, a modo de pago a conta, o 20% do importe total para iniciar a súa preparación. Aproximadamente aos 90 días, comunicarémoslle a finalización do proceso de elaboración para que proceda a facer efectivo o importe restante. A continuación será enviado o seu pedido polo medio de transporte elixido.

Opción B

Se o seu pedido non inclúe nin gaitas nin kits de tonalidade, cargarase na súa conta o importe total e o seu pedido será expedido nos próximos días.

Certificado de Seguridade

O Obradoiro de Gaitas Seivane utiliza na súa páxina web seivane.com.es un certificado de seguridade Geotrust QuickSSL que ofrece encriptación real SSL de 128-bits.

Pode atopar máis información acerca dos certificados de seguridade Geotrust na súa páxina web.

Os enderezos das páxinas protexidas con certificados de seguridade empezan con https:// e amosan un pequeno candado pechado na ventá do navegador. Facendo clic nel pode acceder a máis información sobre o certificado de seguridade.

Devolucións

En cumprimento da Lei de Ordenación do Comercio Minorista 47/2002, Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. aceptará a devolución dos seus produtos coas seguintes condicións:

Condicións

  • A devolución notificarase por correo electrónico obradoiro@seivane.com.es, ou por teléfono ao (+34) 981 676 656 nos 14 días naturais seguintes á recepción do produto.
  • O produto será devolto na sua embalaxe orixinal acompañado de todos os seus compoñentes e accesorios, e dunha copia da factura de compra. Os produtos incompletos ou danados non serán admitidos.
  • O cliente correrá cos gastos de devolución do produto ata a nosa sede social.
  • O custo do produto (unha vez descontado o importe do transporte do primeiro envío) seralle devolto ao cliente no prazo máximo de 30 días hábiles a contar desde a súa recepción na nosa sede social.
  • Obradoiro de Gaitas Seivane S.L. non aceptará a devolución de gaitas ou kits de tonalidade por construírse baixo as especificacións do cliente.

O Artigo 45 apartado b) da Lei de Comercio Minorista 47/2002 establece:

Artgo 45. Excepcións ó dereito de desistimento.

Salvo pacto en contrario, o disposto no artigo anterior non será aplicable ós seguintes contratos:

b) Contratos de subministro de bens confeccionados conforme á especificacións do consumidor ou claramente personalizados, ou que, pola súa natureza, non poidan ser devoltos ou poidan deteriorarse ou caducar con rapidez.

Garantía Seivane

Tanto as gaitas como os kits de tonalidade están protexidos pola Garantía Seivane:

Unha coidada selección de madeiras e outros materiais que os compoñen, así como a pericia e experiencia dos artesáns que os elaboran, permiten que os instrumentos do Obradoiro de Gaitas Seivane podan ofrecer ao usuario a seguridade de que ten nas súas mans un produto da máis alta calidade.

  • O Obradoiro de Gaitas Seivane garante, por un período de dous anos, todos os seus instrumentos contra calquera defecto de elaboración ou vicio oculto nos seus compoñentes.
  • Esta garantía enténdese a partir da data de compra, nun uso normal do instrumento e non cubre roturas ou danos causados por maltrato, descoido ou falta de mantemento deste.
  • Queda expresamente excluído desta garantía calquera instrumento que fose retocado, manipulado ou mecanizado, interior ou exteriormente, por persoal non autorizado ou fóra das instalacións do Obradoiro de Gaitas Seivane.
  • A garantía non contempla os compoñentes considerados consumibles como palletas, lubrificantes ou produtos de limpeza subministrados, agás os pallóns Seipal, que gozan de todos os seus beneficios.
  • O Obradoiro de Gaitas Seivane responderá, no seu caso, desta garantía nas súas propias instalacións, reparando gratuitamente o instrumento afectado ou substituíndoo por outro equivalente se fose necesario.
  • O Obradoiro de Gaitas Seivane resérvase o dereito a prestar ou non servizo técnico ou de mantemento, mesmo fóra de garantía, a aqueles instrumentos que fosen manipulados con malicia ou mala intención.