Constantino Bellón 2006
A mención especial Gaita de Ouro da XVI Edición do Concurso Constantino Bellón recaeu, este ano, en Álvaro Seivane. O Ateneo Ferrolán quixo facerlle recoñecemento á súa longa traxectoria como artesán e a súa teima pola continuidade familiar no eido da música tradicional galega. O premio foille entregado no Teatro Jofre polo presidente do Ateneo, D. Eliseo Zaera. Álvaro agradeceu a distinción cunhas emocionadas verbas e quixo compartilo con toda a súa familia que o acompañaba no acto.
31 agosto 2006