Seivane

Constantino Bellón 2011

Na veinte edición do concurso internacional de composición e gaita Constantino Bellón, o xurado decidiu conceder a mención especial Gaita de Ouro a Xosé Manuel Seivane Magide, “como artesán e pola continuidade familiar a prol da música tradicional galega”. O premio foille entregado no Teatro Jofre de Ferrol o 31 de agosto, polo presidente do xurado D. Víctor Fernández Gabeiras. Xosé Manuel recibiu emocionado a distinción con palabras de agradecemento para a súa familia e os seus compañeiros que alí o acompañaban e quiso compartilo ademáis con todos os asistentes. Este premio tamén foi outorgado ao patriarca Xosé Manuel Seivane Rivas no ano 1997 e máis recentemente a Álvaro Seivane no ano 2006.

No mesmo acto, as catro xeracións da familia Seivane entregaron o III Premio Seivane a Xosé Antonio Constenla Martínez, este gaiteiro suízo recibiu a gaita feita especialmente para esa ocasión de mans de Xosé Manuel Seivane Rivas, a quen acompañaban os seus fillos Álvaro e Xosé, a súa neta Susana Seivane e o seu bisneto Brais. Este premio Seivane foi creado polo Obradoiro para estimular e recompensar a dedicación e o amor pola música e cultura galega na diáspora.

09 setembo 2011