Seivane

Corazón de Artesanía 2014

A fin de semana do 4, 5 e 6 de xullo, estivemos no Corazón de Artesanía, o III Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, nos Pendellos de Agolada, unha iniciativa da Consellería de Economía e Industria, organizada pola Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.

Houbo artesanía en vivo, conferencias, exposicións, obradoiros para nenos e actuacións musicais. E onde tamén fixemos unha charla “Falando cos Seivane” presentada pola actriz María Mera. O encontro foi nun conxunto histórico-artístico do século XVII moi ben restaurado, un marco incomparable para estas xornadas.

04 xullo 2014