Seivane

Galería de Imaxes

Mostrámoslle a continuación unha serie de imaxes que ilustran diversos momentos da traxectoria da familia Seivane e a súa relación co mundo de gaita e a música tradicional, e a súa evolución ao longo dos últimos anos.

O músico e profesor de gaita Jorge Prada, de Templarios del Oza e Rapabestas, cos artesáns Seivane, 2023.

O pianista arxentino Juan Carlos Cambas e o gaiteiro Pepe Xara na súa visita ao obradoiro, 2023.

Os construtores Ghislaine e Jean Paul Saintorens de Francia con gaitas Seivane e os Seivane con bohas Saintorens, 2023.

Modesto Espada, un dos famosos Gaiteiros de Pedrazales, e un dos grandes impulsores para a construción da nosa gaita sanabresa. Veu visitarnos dende Sanabria, e segue tocando a gaita aos seus 89 anos, 2023.

O director da Orquesta Folk de Santa Bárbara, Adam Phillips e a súa muller Jennifer, visitando o noso obradoiro, directamente dende EEUU, 2023.

O mestre de gaita Mano Pereira, personalizando a súa gaita, 2023.

O mestre gaiteiro David Bellas recibe a súa musa medieval bicéfala “Caper” tri-ton, das mans de Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2023.

O mestre de gaita Cristian Silva recollendo a súa musa medieval bicéfala “Canis”, 2023.

Álvaro e Xosé Manuel Seivane con Xoan Carlos Rilo Fraga e os seus pais Maruxa e Xosé Ramón Rilo, quen fora fundador do grupo “Os Rilos”, con motivo do seu 90 aniversario, 2022.

“O descanso do son”, fotografía feita por Chema Ríos, 2022.

Luis “O Caruncho” e os seus alumnos cos Seivane, preparados para tocar unhas pezas xuntos, 2022.

O cantautor Tino Baz recollendo a súa gaita de cana EVO, 2022.

A gaiteira galega-arxentina Carina Fragoso, probando a gaita de cana EVO, 2022.

O mestre de gaita en Sementeira e Director de Cántigas da Terra, Luis Bolón, recollendo a súa gaita en Sol, 2022.

Suso Ascariz recolle a súa gaita de “galleto”, un modelo de gaita sobre o que escribe no seu libro-cd A gaita na Terra de Melide, 2021.

D. Alberto Núñez Feijóo entrega o Premio Traxectoria de Artesanía da Xunta de Galicia a Álvaro Seivane, rodeado da familia Seivane, 2021.

Álvaro e Xosé Manuel cos punteiros electrónicos Jachía recollidos das mans do seu creador, Xurxo Jachía, gaiteiro, músico e profesor. Creador tamén dunha exitosa canle de YouTube. 2021.

Os irmáns Seivane con Xurxo Antúnez, O Terrible, o gaiteirazo da voz prodixiosa, profesor e impulsor da Gaita de Cana EVO (evoluída), aquí coas tres versións da mesma. 2020.

Susana Seivane entrega o seu último disco, “Dende o meu balcón”, ao seu pai Álvaro e tío Xosé Manuel, que están felices de ter esta recopilación do mellor repertorio tradicional galego. 2020.

Visita do Conservatorio Superior de Vigo, 2019.

Cristina Pato, recollendo a súa gaita grave en Dó4, con Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2019.

Homenaxe a Álvaro Seivane, co grupo Treixadura, organizada por Gadis, 2019.

As gaitas Seivane en Xapón, Toshihiro Tsuruashi e a súa muller coas súas gaitas en Tokyo, 2018.

Os irmáns Seivane co mestre de gaita, Diego Prieto, creador dunha das canles de YouTube sobre a gaita con máis seguidores: “Tradigaita”, 2017.

A cuarta xeración de músicos, Fiz e Antón Seivane, probando a gaita grave en Dó4, 2016.

Álvaro e Xosé Manuel, con Miguel Ramalleira, profesor do Centro Galego de Madrid, 2016.

A satisfación do traballo ben feito, Álvaro e o seu neto Fiz Seivane, no torno, 2016.

Os profesores Daniel Bellón e Raúl Lacilla, e as musas medievales, con Álvaro e Xosé Manuel, 2016.

Álvaro, fachendoso avó de Antón Seivane, no torno, 2016.

Álvaro e Xosé Manuel, con Xaime Estévez, profesor e investigador de música galega, 2016.

Antón Seivane, o Seivane máis pequeno coa Seivane máis grande, 2016.

Os irmáns Seivane, con José Javier Fidalgo, dos Templarios del Oza e a Banda de Gaitas Ciudá de Llión, 2015.

Os Seivane, 2015.

Miro Casabella, un dos máis grandes artistas galegos comprometidos coa música de Galicia, 2015.

Os artesáns Seivane e Brais, 2014. Foto Víctor Jove.

Álvaro con Manoel Muxico de Barcelona, profesor da Irmandade a Nosa Galiza de Mollet e da Agrupación Saudade, e Iván Costa de Moaña, membro de Son de Seu, 2014.

Michael Portillo e o seu equipo da serie Great Continental Railway Journeys da BBC, 2014.

A gaiteira Cristina Pato e Wu Tong, construtor e intérprete virtuoso do sheng, instrumento tradicional chinés, 2013.

Carlos Núñez recollendo o seu punteiro de ton regulable, Seitor, das mans de Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2013.

Álvaro, Xosé Manuel e Susana Seivane na Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas, (Lugo), 2013.

Con Xaquín Xesteira e os seus fillos “Os Xeitosiños”, Anxo e Roi, 2013.

Susana Seivane, co seu fillo Fiz en brazos, xunto ao gaiteiro arxentino Daniel Pazos, 2013.

Susana Seivane (embarazada do seu primeiro fillo), co acordeonista Kepa Junkera, 2013.

Con Xosé Ferreirós, membro fundador de Milladoiro, 2013.

Con Nando Casal, membro fundador de Milladoiro, 2013.

Aquí con Ramón Maril, profesor de gaita e percusión en Cantigas e Agarimos e Gaiteiros de Buxantes, entre outros, 2013.

Álvaro e Xosé Manuel Seivane con Mikiko Watanabe, 2012.

Yuki Kojima de Xapón con Susana, Álvaro e Xosé Manuel Seivane, 2012.

O supergaiteiro Brais Seivane, 2012.

Xosé Manuel Seivane, o pequeno Brais, Enrique Otero, e Manuel Alonso de Noitarega e a súa muller, 2011. Foto Xurxo Lobato.

O patriarca Seivane co periodista Albino Mallo, 2011.

Susana Seivane bica ao seu avó Xosé Manuel Seivane no seu 90 aniversario, 2011. Foto Xurxo Lobato.

O noso patriarca vendo ao gaiteiro Piñeiro e Brais tocando xuntos, 2011.

Brais Seivane con 3 anos tocando para os nenos do colexio Graxal de Cambre, 2011.

Seivane e Xan Bello Mallou, un dos grandes vellos gaiteiros, referente da música galega tradicional, toda a vida ligada a Cantigas e Agarimos, formando parella entre outros co mítico artesán Basilio Carril, 2011.

Seivane co gaiteiro Freixo das Pontes, 2010.

Os irmáns Seivane con Patrick Molard, 2010.

O pequeno Brais tocando o bombo, 2010.

O noso patriarca Xosé Manuel Seivane co seu fillo Álvaro, Enrique Otero e Antón Corral, 2010.

A curiosidade de Brais polo clarinete do seu bisavó Xosé Manuel Seivane, 2010.

Brais escoita atento ó seu bisavó mentras intenta arrancar unhas notas ó “charango”, 2010.

As catro xeracións Seivane reunidas en torno á música, 2010.

Cada Seivane co seu instrumento, a pequena gaita de Brais está feita á súa medida, 2010.

Os Seivane en formación, 2010.

Xosé Manuel Seivane e o seu fillo Xosé Manuel ao torno, 2009.

O gaiteiro Xoan Carlos Rilo, 2009.

Álvaro e Xosé Manuel Seivane coa actriz María Castro, 2009.

Pedro Lamas, excelente músico e compositor de Cecebre, 2006.

Luís Correa, o Caruncho, probando unha gaita nova na sala de afinación do Obradoiro Seivane, 2006.

Antwn Owen Hicks e Gafin Morgan, gaiteiros do País de Gales, no stand de Seivane. Lorient, agosto de 2006.

Patrick Molard, un dos mellores gaiteiros Bretóns, tocando un dúo Fa/Do con Daniel Bellón, un dos mellores gaiteiros galegos. Lorient, agosto de 2006.

O músico americano Kevin Karr durante unha visita ó Obradoiro Seivane. Xullo, 2006.

“Os Seivane”. Todos botan man dun instrumento tradicional galego para animar as festas familiares, 2006.

O gaiteiro Xosé Cardelle toca a súa gaita de buxo, tonalidade en Fa, 2005.

Álvaro con Jorj Botuha afamado construtor de bombardas no seu taller en Auray (Bretaña), 2005.

Os futbolistas Fran e Mauro atenden as explicacións de Susana no posto do Obradoiro de Gaitas Seivane, Cambre, Feira dos Empresarios. Maio de 2005.

Xosé e Álvaro felicitan, na presenza de Raúl Galego, a José Luís Calle ao recibir este a Gaita de Ouro do Certame Constantino Bellón, 2005.

Antón Davila, gaiteiro galego, integrado no internacionalmente coñecido grupo Celtas Cortos, 2005.

Maximino Souto, Irma Seivane (filla de Xosé Manuel Seivane), Manuel Alonso e José María Gutiérrez. Xantar gaiteiro. Ordes (A Coruña), 2005.

Xosé Seivane no Obradoiro de Gaitas Seivane en Cambre, 2002.

David López “Jaiteiro” de Barcelona, 2000.

Álvaro e Xosé con Maximino Souto, probando o punteiro en Re grave, 1998.

Visita do Grupo Anduriña, do Centro Galego de Miranda de Ebro. Agosto de 1997.

Álvaro e Xosé con Carina Fragoso e Gloria López, profesoras da Sociedade Parroquial de Vedra, Bos Aires, 1996.

Visita dos profesores e alumnos do Curso de Gaita de Toque Pechado da Asociación Folclórica Marmurios de Leucoiña, Pontevedra. Maio de 1995.

Saínza Seivane, segunda filla de Álvaro Seivane, tocando a gaita e Dubi tocando as tarrañolas. A Coruña, 1993.

Xosé Manuel e Xosé Seivane no obradoiro de Ribeira de Piquín. En primeiro plano dous foles de cabrito. 1993.

Mike Oldfield tocando unha gaita Seivane, 1992.

Foto adicada por Jean Pierre Van Gees, gran coñecedor das gaitas do mundo e virtuoso da Mussette, 1990.

Texto de Moxenas, gaiteiro-poeta, para Xosé Seivane, 1990.

Xosé Seivane tallando unha gaita no obradoiro de Ribeira de Piquín, 1990.

Jorge Portela Seivane, Álvaro e Susana aos 12 anos de xoldra nunha reunión familiar, 1988.

Grupo Muxicas (de esquerda á dereita): Manolo “Rin-Rin”, Nazario Glez. “Moxenas”, Xosé Manuel Fernández, Liño Figueroa e Xosé Anxo Failde, 1984.

Álvaro Seivane, no obradoiro de Barcelona, 1984.

A película A Festa da Malla, foi gravada en Cuíñas–Ribeira de Piquín. Xosé Seivane actuou nela, tocando a gaita, durante a Festa da Malla, 1980.

Xosé Seivane tocando unha gaita de granadillo con incrustacións de marfil. Ribeira de Piquín, 1980.

Álvaro coa súa filla, Susana Seivane, intentando tocar a zanfona, 1979.

Álvaro, Xosé Manuel e Xosé Seivane no obradoiro de Ribeira de Piquín (Lugo), 1979.

Ricardo Portela e Xosé Seivane, afinándolle a gaita, Ribeira de Piquín (Lugo), 1979.

Os primeiros pasos musicais de Susana co seu pai Álvaro, novembro de 1976.

Airiños da Ribeira: Jaime, Xosé Seivane e Darío (San Blas, Barcia, Ribeira de Piquín), 1968.

Airiños da Ribeira: Benxamín, Xosé Seivane, López e Darío (Paderne, Ribeira de Piquín), 1951.

Os amigos: primeiro grupo de Seivane: Federico, Seivane e Atilano. 1948.