Seivane

Partituras e cancións

Mostrámoslle a continuación unha serie de cancións e melodías relacionadas, dunha ou outra forma, coa familia Seivane e que ilustran o compromiso e a unión entre os seus membros e o mundo da música tradicional de Galicia.

“Agachadiña”

Autor: Moxenas

Composta para Susana Seivane.

“Curuxeiras” (Gaiteiro de Curuxeiras)

Autor: tradicional

Muiñeira, transmitida oralmente a Xosé Seivane pola súa nai, Estrella Rivas.

“Fandango Ribeirán”

Autor: Henrique Otero

Peza composta na honra de Xosé Seivane.

“Foliada en Cecebre”

Autor: Xoán Carlos Rilo Fraga

Peza dedicada á familia Seivane.

“Marcha Procesional dos Mato”

Autor: Dos Mato

Transcrita por Susana Seivane.

“Muiñeira do Chao”

Autor: Xosé Seivane

Composta na honra da súa aldea de adopción: O Chao do Pousadoiro (Ribeira de Piquín–Lugo).

“O Punteiro de Seivane”

Autor: José J. Presedo

Muiñeira dedicada á familia Seivane, con motivo da estrea dun punteiro en Dó pechado.

“O Son da Sega”

Autor: Xosé Seivane

Paso dobre tradicional recollido por Xosé Seivane en Paíme (Ribeira de Piquín–Lugo).

“Pernas pra riba”

Autor: tradicional

Paso dobre transmitido oralmente a Xosé Seivane pola súa nai, Estrella Rivas.

“Sabeliña”

Autor: Susana Seivane

Rumba dedicada á súa amiga Sabela Orgueira.

“Saínza”

Autor: Susana Seivane

Xota dedicada á súa irmá Saínza Seivane.

“Virando o torno”

Autor: Emilio Mesías

Xota dedicada á familia Seivane.

“Xota para Seivane”

Autor: Moxenas

Xota composta para Xosé Seivane.

“Mazurca de Seivane”

Autor: tradicional

Mazurca transmitida por Xosé Seivane.