Feira do Folclore da Fundación Elai-Alai
Con un gran éxito de público e expositores, celebrouse a primeira feira do folclore de Portugalete nas instalacións do vello mercado. Artesáns e luthieres de varias comunidades autónomas, e tamén algún do estranxeiro, déronse cita en Portugalete para dar a coñecer os seus produtos. Tivo especial relevancia a exposición de Seivane na que chamaban poderosamente a atención a calidade das gaitas do Obradoiro. Varios gaiteiros galegos e non galegos, afincados en distintas cidades do norte e nordeste peninsular, tiveron a oportunidade de probalas e decatarse do extraordinario funcionamento dos novos pallóns Seipal cos que contan.
Desde o Obradoiro de Gaitas Seivane, queremos agradecer á fundación Elai-Alai o esmero con que nos trataron e felicitalos pola perfecta organización. Estamos seguros de que este será o comezo de unha gran feira que, sen dúbida, será un referente para tódolos amantes da música tradicional de todo o estado.
06 xuño 2006