Seivane

Festa do Gaiteiro de Soutelo

Convidado pola corporación municipal de Forcarei e o seu alcalde D. David Raposeiras, Xosé Seivane Rivas, fundador do Obradoiro de Gaitas Seivane, deu lectura ao pregón da XXVIII edición da Festa do Gaiteiro de Soutelo. Seivane, arroupado polos seu fillos Álvaro e Xosé, pronunciou unhas emotivas verbas relativas á memoria da gaita e á súa mocidade, rematando cunha copla ´a capella´ perfectamente entoada. Déronlle a réplica, o Sr. Raposeiras e o Vicepresidente da Xunta, D. Anxo Quíntana Lores que tamén acudiu ao acto.

Na tardiña, Seivane entregou os premios aos gañadores do concurso de gaitas que se celebrou na praza dos Gaiteiros de Soutelo e departiu animadamente con eles.

19 agosto 2007