Seivane

Festival Intercéltico de Lorient 2007

No mesmo stand que en anos anteriores, o Obradoiro de Gaitas Seivane exhibiu, na Bretaña, unha gran colección de gaitas que tiveron unha excepcional acollida, tanto polos músicos galegos alí desprazados, como polos do resto do mundo, incluídos os mesmos bretóns. Neste ano presentouse, precisamente, unha gaita pensada para a interpretación da música desta rexión francesa.

Pasaron pola exposición gaiteiros da talla de Daniel Bellón, Pablo Devigo, Edelmiro Fernández, Alberto Coya, Brais Paz, os asturianos Rubén Alba ou Marco Antonio Guardado, o francés Mickael Cozien ou o holandés Jean Pierre Van Hees.

A caseta recibiu, tamén, a visita de unha delegación da Xunta de Galicia, que viaxou para coñecer, de primeira man, o Festival cara a celebración no 2009 do ano de Galicia. Entre as personalidades, compre destacar a Rubén Lois, Director Xeral de Turismo, Luís Barcia, Delegado da Consellería de Industria Comercio e Turismo de A Coruña, Francisco Cruz Senra, Presidente do Consello Galego de Cámaras de Comercio e Iván Piñeiro, Xefe do Gabinete de Prensa da Dirección Xeral de Turismo. Tamén as Delegadas de Cultura de A Coruña e Pontevedra, Milagros Lantes Seara e María Xesús López Escudeiro, respectivamente.

12 agosto 2007