Seivane

Festival Intercéltico de Lorient - 2008

Do 1 ao 10 de agosto celebrouse en Lorient (Francia) a XXXVIII edición do Festival Intercéltico, este ano dedicado ao País de Gales. O Obradoiro de Gaitas Seivane estivo presente coma nos últimos anos, esta vez como expositor invitado no Pavillón de Galicia. Alí compartiu espacio con Turgalicia e a Escola de Hostelería para mostrar aos miles de visitantes as paisaxes, a gastronomía e a industria da música galegas. Tanto a exposición coma o pavillón enteiro gozaron de unha fenomenal acollida e foron moitos os parabéns que se recibiron. O Obradoiro de Gaitas Seivane aproveitou o ano do País de Gales para presentar unha gaita galesa deseñada por Antwn Owen, e construída no obradoiro galego

13 agosto 2008