Homenaxe a Mini e Mero
O Obradoiro de Gaitas Seivane quixo estar neste recoñecemento aos fundadores de “Fuxan os Ventos” e “A Quenlla”, considerados hoxe un dos pilares nos que se asenta a música galega actual.
A traxectoria destes cantautores, compositores e recopiladores do folklore galego foi destacada nun emotivo acto, cheo de compañeiros, amigos e artistas, que entre outros, contou coa presenza da gaiteira Susana Seivane.
Dende aquí queremos transmitirlles os nosos parabéns a Mini e Mero polo magnífico labor realizado todos estes anos na defensa da lingua, do patrimonio e da identidade galegas. ¡Noraboa benqueridos amigos!
07 outubro 2010