I Premio Seivane no Costantino Bellón
O premio Seivane, creado polo Obradoiro de Gaitas Seivane para recompensar e estimular a dedicación e amor pola música galega dos gaiteiros da diáspora, foi entregado, nesta súa primeira edición, a Santiago Agustín Molina. Este gaiteiro arxentino recibiu o galardón, que consiste nunha gaita feita especialmente para esta ocasión, de mans de Xosé Manuel Seivane Rivas, a quen acompañaban os seus fillos Álvaro e Xosé. O Obradoiro, tal como subliñou Álvaro nas breves palabras que pronunciou trala entrega, é coñecedor das dificultades que teñen os gaiteiros de fora para conseguir mesmo unha palleta. É por esto que se dirixe o premio cara a este importante colectivo sen perder de vista, por suposto, o traballo dos gaiteiros que viven en Galicia.
01 setembro 2008