O léxico da gaita
A gaita ten un vocabulario especial. Moitas veces esta terminoloxía é descoñecida polo gran público. Para achegarnos este léxico, Ben Falado! emitiu o pasado 2 de setembro na TVG unha gravación, cun fin didáctico, onde os membros do Obradoiro falan das partes da gaita.
Ben falado! é un microespazo de cinco minutos diarios dedicados á lingua galega presentado por Xesús Ferro Ruibal e emitido ás 15:15. Con esta magnífica iniciativa de Xesús Ferro, o Obradoiro de Gaitas Seivane unha vez máis pon en práctica o propósito de difundir a cultura musical galega có orgullo e a responsabilidade de quen se adica ó oficio artesanal galego con enteira devoción.
A reportaxe pode verse na páxina web da TVG, buscando o programa Ben Falado!
16 setembro 2010