O obradoiro na XX Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas, Guitiriz
Esta fin de semana estivemos na XX Mostra de Instrumentos Tradicionais de Pardiñas, Guitiriz, organizada pola Asociación de Gaiteiros Galegos e da que o noso patriarca foi o seu primeiro pregoeiro. Foron moitas as actividades desenvoltas alí: exposicións, concertos, demostracións, sorteos de instrumentos, entre eles a gaita que doamos para a rifa, que tiña por finalidade recadar fondos para a mostra, etc.
O domingo foi a presentación da revista Guieiros, da Asociación Xermolos, adicada por enteiro a Xosé Manuel Seivane Rivas. Dende aquí queremos agradecer a Xermolos o bo traballo feito, con máis de 200 páxinas e fotografías inéditas, e coas aportacións de moitos gaiteiros e personas relacionadas coa cultura. A revista está dispoñible no obradoiro ou en xermolos@xermolos.org
07 agosto 2013