O Obradoiro Seivane celebra os Días Europeos da Artesanía.
Os Días Europeos da Artesanía son unha iniciativa promovida en España pola Escola de Organización Industrial (EOI) e a súa área de promoción da artesanía, Fundesarte, na que participan 23 países, e que en Galicia coordina a Xunta a través de Artesanía de Galicia.
Con este motivo, visitounos o Conselleiro de Economía, Industria e Innovación, e Vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, D. Francisco Conde López, que recorreu as nosas instalacións, interesándose polas últimas novidades. Conde destacou a excelencia, talento e calidade do obradoiro, e que o apelido Seivane é unha marca reñocecida a nivel internacional, que se identifica coa innovación e mellora do instrumento dende o respecto a tradición.
Veu acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia na Coruña, D. Gonzalo Trenor López, o director xeral de Comercio e Consumo, D. Manuel Heredia Pérez e a xerente da Fundación do Centro Galego da Artesania e Deseño, Dña. Elena Fabeiro.
30 marzo 2023