O primeiro Sac de Gemecs Seivane
Despois de longo tempo de estudo e investigación, o Obradoiro de Gaitas Seivane presenta o seu primeiro Sac de Gemecs (cornamusa catalana). O noso bo amigo e sacaire Jordi Jordá foi o primeiro en probalo.
Foi feito en formato “escenario”, é dicir, coas saídas laterais dos bordóns. E está tendo unha cálida acollida entre os sacaires cataláns. Xa está dispoñible, para máis información, contactar co obradoiro.
11 outubro 2013