Seivane

Premio “Recuncho da Palleta” para José Manuel Seivane Rivas

Durante un programa especial que a Radio Galega emitiu desde o teatro da Asociación “La Juventud” de Cecebre, José Manuel Seivane recibiu o premio “Recuncho da Palleta” que se outorga tódolos anos a unha persoa ou entidade que se teña distinguido pola súa labor a favor da música tradicional galega. Durante as dúas horas que durou o programa, Seivane tivo ocasión de escoitar a varias agrupacións e solistas que tocaron no seu honor. Na segunda hora puido escoitar un concerto do trío Vaamonde, Lamas e Romero. Seivane tamén botou un par de pezas acompañado pola súa familia, e contestou ás preguntas que lle formulou Emilio Españadero, director do programa “Lume na Palleira”. O premio foi entregado por Santiago Caneiro, presidente da Asociación de Gaiteiros Galegos.

 

09 febreiro 2009