Seivane

Premio FACER PAÍS - Ramón Piñeiro, á familia Seivane

Estamos moi agradecidos á Asociación Val de Láncara, e demáis asociacións colaboradoras da zona, ao Concello de Láncara, a Deputación de Lugo, e a todos os que fixeron posible que a familia Seivane recibira o premio FACER PAÍS “Ramón Piñeiro”, o 4 de novembro, en Láncara, Lugo.

Emocionados tamén por recibilo da man do noso querido Alfonso Blanco Torrado, presidente de Asociación Cultural Xermolos (o homenaxeado da pasada edición). Seguiremos “facendo país” día a día coas nosas gaitas e traspasando fronteiras co son do noso instrumento, símbolo musical de Galicia.

04 novembro 2018