Seivane

Premio Nacional Innova

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, tivo a ben galardoar ó Obradoiro de Gaitas Seivane co premio Innova dos Premios Nacionais de Artesanía. A páxina web na que vos atopades foi presentada a dito premio e elixida polo xurado cualificador o pasado 23 de novembro de 2006, como exemplo de innovación na artesanía da pequena e mediana empresa española.

Desde o Obradoiro de Gaitas Seivane, queremos agradecer ó Ministerio de
Industria, Turismo e Comercio esta distinción que non fai outra cousa que
animarnos para seguir traballando a prol da música e cultura galegas. Tamén
queremos dedicarvos e compartir este galardón con todos vós, clientes e amigos,
sen os que o proxecto Seivane non tería razón de ser.

05 decembro 2006