Seivane

Presentación das gaitas de galleto na Feira dos Ferreiros en Riotorto, Lugo

O domingo 21 de abril o Obradoiro de Gaitas Seivane acudiu como ven sendo habitual á Feira dos Ferreiros de Riotorto, en Lugo.

Nesta feira foron presentadas dúas gaitas de galleto, unha en granadillo e outra en buxo, que levantaron gran expectación e curiosidade entre os presentes.

A recuperación desta gaita era unha tarefa pendente do obradoiro. Esta gaita é moi antiga pero non é tan coñecida pola dificultade de facer a buxa de galleto.

22 abril 2013