Presentación do libro sobre Seivane na 27 Mostra de Instrumentos de Música Tradicional
Como cada ano o obradoiro Seivane estivo presente nesta mostra de instrumentos tradicionais, a máis antiga da península e unha das máis fermosas. Este ano nunha nova ubicación, un único día e con medidas organizativas de protección fronte á COVID-19. Alí o escritor Xosé Manuel Sánchez Rei e Pablo Quintana da Editorial Canela presentaron xunto a Álvaro Seivane o libro XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA pola mañá. Pola tarde Álvaro participou na mesa redonda “Onte e hoxe dun oficio” xunto con outros artesáns do sector: Afonso Castro, Xaneco Tubío, Belén Abalde, Chus Iglesias, Alberto Pires, Sito Carracedo e Oli Xiráldez como moderador.
Un encontro caracterizado pola beleza do entorno do campo da feira de Parga e a normalidade e o bó ambiente entre os distintos artesáns do sector da música tradicional. Moitas grazas á Asociación de Gaiteiros Galegos, a Asociación Cultural Xermolos e ao Festival de Pardiñas pola excelente organización, así como a todos os que nos acompañastes neste día. Ata o ano que ven!
07 agosto 2020