Seivane

Seivane en Música no Claustro

Os días 4 e 5 de agosto celebrouse o Foro Profesional de Instrumentos Musicais dentro do festival Música no Claustro, un festival de música, patrimonio e creación no cláustro gótico da Catedral de Tui. Alí presentamos o libro sobre o noso patriarca, no centenario do seu nacemento: XOSÉ SEIVANE. A GAITA CON MAIÚSCULA, co escritor Xosé Manuel Sánchez Rei e Pablo Quintana da Editorial Canela.E participamos xunto a Guitarras Ramírez nunha charla-coloquio sobre o noso oficio. Unhas xornadas, organizadas pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, que nos deixan unhas #RESONANCIAS cheas de arte e música.

04 agosto 2021