Seivane

Seivane no "Constantino Bellón"

O 31 de agosto estivemos no “Constantino Bellón” no Teatro Jofre de Ferrol. A nosa noraboa ao gañador, o gran gaiteiro Pablo Devigo, e a gaiteiraza Raquel García, gañadora do Premio Seivane, que consiste nunha gaita feita e personalizada especialmente para esta edición, correspondente ao “Gaiteiro de Soutelo”, este premio foi creado polo obradoiro para estimular e recompensar a dedicación e o amor pola música e cultura galega na diáspora. A nosa felicitación tamén a todos os participantes polo alto nivel acadado nas súas interpretacións, foi un pracer velos e escoitalos.

06 setembro 2013