VII Feira do Folclore de Portugalete
Os días 5 e 6 de maio o Obradoiro de Gaitas Seivane participou na VII edición do Festival Internacional do Folclore de Portugalete, celebrada como ven sendo habitual nas antiguas instalacións do mercado desta localidade. O obradoiro foi invitado unha vez máis a expoñer os seus instrumentos nesta feira que reúne a multitude de artesáns e luthiers en torno á cultura e á música tradicional. As xornadas foron organizadas polo Centro de cultura tradicional Elai-Alai e estiveron amenizadas por talleres de fabricación de instrumentos, pasarrúas, actuacións de danza e concertos.
Estes días resultaron enormemente enriquecedores como punto de encontro dos gaiteiros e amantes da música tradicional do norte peninsular, algúns deles tiveron a oportunidade de probar con satisfacción as gaitas exhibidas alí polo obradoiro.
11 maio 2012