Seivane

Visitando Seivane

Os músicos Yuki Kojima, de Xapón, e Philippe Puygrenier, do grupo francés Coriandre, coincidiron no Obradoiro de Gaitas Seivane. Ámbolos dous viaxaron ex-profeso para recoller os instrumentos que tiñan encargados.

O señor Kojima aproveitou para tomar clases de perfeccionamento de Gaita Galega co mestre Xesús Vaamonde, e visitar A Coruña e Santiago.

 

Cada vez e maior a relevancia que acada no exterior a música, a artesanía e a cultura galegas así como as gaitas creadas no Obradoiro Seivane. Son moitos os solistas e grupos de fora das nosas fronteiras que están a utilizalas.

07 setembro 2007