Seivane

XIII Memorial Ricardo Portela

A Asociación de Gaiteiros Galegos, en colaboración co Concello de Pontevedra organiza un ano máis este memorial que o sábado renderá unha homenaxe ao noso patriarca Xosé Manuel Seivane Rivas.

A mostra de artesanía, as actuacións e pasarrúas animarán o centro da vila de Pontevedra o 13 e o 14 de xullo, a praza da Ferrería centrará as actividades programadas nesta edición. A familia Seivane e a do maestro Portela serán as invitadas de excepción a esta cita dedicada a quenes destinan a súa vida á cultura galega.

Dende aquí expresamos o noso máis sinceiro agradecemento ao Concello de Pontevedra, a Asociación de Gaiteiros Galegos e a familia Portela por este recoñecemento.

12 xullo 2012