Seivane

Xosé Manuel Seivane Magide pregoeiro do Día da Muiñeira en Pontedeume

O domingo 30 de maio de 2010, Xosé Manuel Seivane foi o encargado da lectura do pregón da XXVII edición do día da Muiñeira en Pontedeume, que cada ano organiza a Asociación Folklórica e Cultural Orballo.

Na Alameda de Raxoi, máis de 200 bailaríns participaron no acto, encargados de bailar a “Muiñeira do Molete”, elexida para o evento este ano e que estivo interpretada pola banda de gaitas Orballo.

Xosé Manuel Seivane agradeceulles ás agrupacións folklóricas o mantemento das tradicións e o seu labor de ensino da danza e da música tradicional ás novas xeracións, un ben que se perdería sen elas, e salientou tamén o importante papel dos pais para transmitirlles esto ós seus fillos, animando a todos a seguir esforzándose en manter, difundir e poñer en valor as tradicións galegas.

En agradecemento pola súa presencia neste día, pola súa traxectoria profesional e pola magnífica labor que actualmente está desenvolvendo no Obradoiro de Gaitas Seivane, Xosé Manuel Seivane recibiu un agasallo por parte da Asociación Cultural Orballo.

30 maio 2010