Seivane

XXII Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, Guitiriz

A Mostra de Instrumentos de Música Tradicional de Pardiñas, Guitiriz, (a máis antiga do país), celebrou esta fin de semana a súa 22 edición con gran éxito de público. Os asistentes puideron desfrutar dos 29 postos de artesanía e dos concertos da 36 edición do Festival de Pardiñas.

Esta cita anual xa obrigada, organizada pola Asociación Xermolos e a Asociación de Gaiteiros Galegos (AGG), consolídase como un dos grandes festivais de música de Galicia e unha das mostras de artesanía máis importantes da Península.

5 agosto 2015